|
|
|
|
O dereito á Educación no mundo globalizado Donostia-San Sebastián: 6 a 8 de setembro de 2006 Pazo de Miramar X Congreso Nacional de Educación Comparada
Estimados/as compañeiros/as: Tal e como se decidiu na Asemblea Xeneral celebrada en Granada o pasado mes de marzo, o vindeiro ano 2006, o Congreso da Sociedade Española da Educación Comparada terá lugar en Donostia-San Sebastián.
O título do mesmo é “O dereito á Educación nun mundo globalizado”. O Comité local xa comezou a tarefa de organización para intentar que o congreso sexa un éxito. O Congreso coincidirá coa celebración do 25 aniversario da celebración de Cursos de Verán, polo tanto, todos faremos un esforzo de organización para que as cousas salgan o mellor posible.
A organización deste evento ten previsto varias conferencias plenarias, algunha mesa redonda e cinco seccións que nos van permitir analizar “O dereito á Educación” en toda a súa extensión. Non debemos esquecernos que a visión das comunicacións ten que ser comparada.
Como podedes observar, a diferencia de edicións anteriores, hai un calendario dilatado que nos vai facilitar a organización del Congreso. Así para o mes de febreiro deberedes inscribirvos na páxina Web, o que nos permitirá reservar as salas e ter gran parte do traballo adiantado antes do verán. O texto das comunicacións deberá estar no noso poder a principios de maio para así intentar ter listo o libro de actas para a data de celebración do Congreso.
A vindeira circular distribuirémola cara a final de ano, nela adiantaremos os posibles relatores, prezo da inscrición e normas para a presentación das comunicacións.
Finalmente, nesta primeira circular non nos queda mais que invitarvos a que veñades a Donostia-San Sebastián e así aproveitemos duns días de intercambio científico e lúdico en compañía. Recibide un cordial saúdo
O Comité Organizador
O Congreso celebrarase dentro da 25ª edición dos Cursos de Verán da Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea
Calendario: · Inscrición previa, ata o 28 de febreiro (formulario electrónico na Web do Congreso) · Recepción de comunicacións, ata o 1 de maio de 2006 · Aceptación de Comunicacións por parte do Comité, 31 de maio de 2006 · Prazo para o pago a prezos reducidos, ata o 15 de xuño de 2006 · Celebración do Congreso, 6-8 de setembro de 2006
Desde a perspectiva histórica, o recoñecemento do dereito á educación corre o mesmo camiño que o recoñecemento dos dereitos humanos. O logro destes últimos dereitos supuxo, implicitamente, o dereito á educación, de xeito que nas constitucións e leis básicas da maioría de países queda plasmado o recoñecemento da educación como un dereito básico dos cidadáns. Os tratados internacionais non eluden a importancia desta necesidade básica, tanto para a formación da personalidade, como para o exercicio das liberdades nas sociedades democráticas. Como tantas veces se dixo, o dereito á educación é a chave que nos permite o acceso e o aproveitamento de todos os dereitos e liberdades.
Nun mundo global, como o que estamos a vivir, a expansión deste dereito é unha necesidade ineludible e que reclama a máxima atención de todos os poderes, sexan locais, nacionais ou internacionais. Xunto aos enfoques de fai unhas décadas sobre educación para todos, insístese tamén en que sexa unha educación de calidade. Ademais teríamos que engadir, que o dereito á educación demanda non só a atención dos poderes públicos e privados á escolarización da poboación, senón a unha educación baseada nos dereitos humanos. O dereito á educación esixe, consecuentemente, a educación en dereitos, que é a outra cara da moeda. Polo tanto, cando nos referimos ao dereito á educación, hai que Facer notar dous aspectos fundamentais, un cuantitativo: unha praza escolar para cada neno e nena, sen discriminación, e para todo o mundo; e outro, cualitativo: un ensino de calidade onde ademais da formación necesaria, a educación estea fundamentada nos dereito humanos, respectando as características propias e diversas dos nenos e nenas.
Neste sentido, é posible que moitos países cumpran co primeiro requisito cuantitativo, pero xa resulta mais difícil conseguir os elementos cualitativos que supón unha educación baseada no recoñecemento da diversidade de nenos e nenas que poboan as nosas aulas.
A educación comparada, como disciplina científica, está capacitada para abordar estes temas de indubidable interese, posibilitando o coñecemento dos aspectos mais pormenorizados dos sistemas educativos, pero tamén das prácticas e realidades que están latentes nos mesmos, con explicacións cualitativas que nos permitan un mellor coñecemento do funcionamento do dereito á educación e tamén das violacións que sofre este dereito fundamental.
Con estes presupostos pretendemos abordar o vindeiro Congreso de Educación Comparada, sabendo que a riqueza de temas posibles e a actualidade dos mesmos vainos permitir un mellor coñecemento desta temática que, anque fundamental non foi obxecto de ningún congreso ata esta edición.
Mércores 6 de setembro 9-10,30 h. Entrega de material 10,30-11,30 h. Inauguración do Congreso 11,30-12 h. Descanso 12-13 h. Conferencia inaugural.
16-17,30 h. Comunicacións 17,30-18 h. Descanso 18-19,30 h. Comunicacións Xoves 7 de setembro 9,30-10,30 h. Conferencia. 10,30-11 h. Descanso 11-12 h. Conferencia 12-13,30 h. Mesa Redonda
16-18 h. Comunicacións 18,30 h. Visita cultural a Chillida-Leku 20,30 h. Cea en Sidrería
Venres 8 de setembro 9-11 h. Asemblea da SEEC 11—11,30 h. Descanso 11,30-12 h. Conclusións 12h. Conferencia de clausura 13h. Acto de clausura 14 h. Comida de clausura
Sección 1ª: O Dereito á Educación: Os Organismos Internacionais e o Dereito á Educación. O Dereito á Educación no mundo. As Conferencias Internacionais de Educación. Propostas e Obxectivos educativos do Milenio. Programas desenvolvidos por ONGs.
Sección 2ª: Os Sistemas Educativos e o Dereito á Educación: Educación publica/privada. Orzamento dos sistemas educativos. Avaliación de Sistemas Educativos. Organización dos sistemas educativos. O local e o global nos sistemas educativos.
Sección 3ª: A Educación en Dereitos Humanos: Os Dereitos Humanos no currículo escolar. Educación para a paz. Educación para o Desenvolvemento. Educación Intercultural. Os modos de ensino dos Dereitos Humanos. Experiencias prácticas. Impacto das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Medios de Comunicación.
Sección 4ª: A Educación e os Dereitos da Infancia: A Convención sobre os Dereitos do Neno. A Infancia e os Dereitos Humanos. Participación e escola. Non discriminación. Atención á Diversidade. Inmigración. Xénero e educación.
Sección 5ª: Investigación e Docencia en Educación Comparada: A Educación Comparada como ámbito da investigación Educación Comparada. Recursos Metodolóxicos. Docencia en Educación Comparada. Novos plans de estudio.
As comunicacións poderanse presentar nas cinco seccións en que está organizado o Congreso. Un dos criterios de admisión destas será que acheguen unha visión comparada.
1.- As comunicacións poderanse enviar por correo electrónico ao seguinte enderezo: seec@sc.ehu.es ou tamén por correo postal en soporte magnético nun disquete de 3,5 polgadas indicando na súa etiqueta: Apelidos, Nome do autor/es e nome do arquivo que contén a comunicación. O enderezo para o envío postal é: Facultad de Filosofía y Ciencias de la Educación Congreso de Educación Comparada Avda. de Tolosa, 70 20018 Donostia-San Sebastián
2.- As comunicacións non poderán superar as 14 páxinas, escritas en Word para PC, con tipo de letra Times New Roman, con tamaño 12 e interliñado sinxelo. O texto definitivo debe enviarse antes do 1 de maio de 2006 ao enderezo indicado.
3.- Na primeira páxina da comunicación incluiranse os datos seguintes: título (en maiúsculas), nome e apelidos do autor/es e universidade ou institución de traballo.
4.- As notas e referencias bibliográficas ou documentos colocaranse a pé de páxina, con letra Times New Roman, con tamaño 10 e interliñado sinxelo.
5.- O sistema de citación bibliográfica será o seguinte: Libros AUTOR, Iniciais (ano): Título. Lugar, Editorial. ROSELLÓ, P. (1960): Teoría de las corrientes educativas. A Habana, Oficina Rexional da UNESCO.
Artigos e capítulos de libro AUTOR, Iniciais (ano): título, Revista ou título do libro, número, páxinas. BRAY, M. (2002): Comparative Education in the Era of Globalisation: Evolution, Missions and Roles, Revista Española de Educación Comparada, 8, pp. 115-135.
Referencias informáticas: AUTOR, Iniciais (ano): Título. (Enderezo), data de consulta. COMISIÓN EUROPEA (2001): Programa de trabajo de la Comisión para 2002 (http://www.europa.eu.int/comm/workprogr/2002/), consultado o 18 de novembro de 2001.
6.- As citas textuais: de menos de cinco liñas irán entre comiñas seguidas de paréntese, co apelido/s do autor do dito texto, ano de publicación e páxina; se ocupan cinco ou máis liñas, presentaranse ademais en forma de "sangrado" a ambos os lados. “Texto” (AUTOR, 2005: 18). Toda expresión noutra lingua distinta á empregada no artigo presentarase en cursiva.
7.- Se houbera esquemas, gráficos, fotografías, etc. presentaranse no lugar correspondente do texto, en branco e negro e cunha resolución de 300 ppp.
8.– En folla á parte, deberase enviar un resumo da comunicación cunha extensión máxima de 150 palabras. No encabezado desta indicarase o título da comunicación, nome e apelidos do autor/es e universidade ou institución de traballo e correo electrónico do autor/es. Os resumos das comunicacións admitidas publicaranse na páxina Web do congreso en formato pdf a finais do mes de xuño de 2006.
A inscrición ao Congreso inclúe Libro de actas e comunicacións Actos sociais (visita guiada a Chillida-Leku) Cea en sidrería (autobús, etc.) Comida de clausura
O prezo de inscrición é: Ata o 15 xuño: Socios da SEEC 180 € - Non socios 200 € A partir do 16 de xuño: Socios da SEEC 200 € - Non socios 220 €
Inscrición para estudiantes (asistencia e libro de actas) Hasta o 15 de xuño: 60 € A partir do 16 de xuño: 75 €
O ingreso da cantidade correspondente deberase facer na conta corrente Entidade Kutxa - Caja Gipuzkoa San Sebastián C/ Getaria, 9 20005 Donostia-San Sebastián Surcursal Institucional , sucursal nº. 381 Número Conta IBAN ES 21 2101 0381 07 0012142410 Código SWIFT o BIC . CGGKES 22 Titular: UPV/EHU Congreso de Educación Comparada
No relativo á xestión do aloxamento, a Universidade do País Vasco ten un acordo coa Axencia “Viaxes Iberia”; para efectuar as súas reservas poden contactar con: Maider Pérez
Vilarrodona Tel.: 943.43.41.72
Por outra parte, a organización de Cursos de Verán oferta unha ampla gama de aloxamentos (hoteis, pensións e residencias) cunha gran variedade de prezos. URL de cursos de verán: http://www.sc.ehu.es/scrwwwsu/index.htm
Así mesmo poden consultar a oferta hoteleira de Donostia-San Sebastián na seguinte páxina Web http://www.sansebastianturismo.com/
As linguas oficiais do Congreso serán o éuscaro e o castelán. Aceptaranse comunicacións escritas en calquera das linguas oficiais do Estado Español, así como en inglés e francés.
El Comité Organizador agradece la versión gallega a nuestro compañero Antonio Rodríguez de la Universidade de Santiago de Compostela |
|